Sunday 19 de May de 2024

A Xunta rozará na presente campaña máis de 3200 quilómetros de cunetas na provincia da Coruña ate o vindeiro 31 xullo


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inviste preto de 700.000 euros nos traballos, para os que se distribúe a rede de estradas autonómicas en norte e sur
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha, o pasado 2 de maio, da campaña de rozas, na que está previsto que se actúe nas marxes de máis de 1.600 quilómetros de estradas ¬-3.200 de cunetas- de titularidade autonómica da provincia da Coruña a través das empresas encargadas da conservación da rede.

Para esta tarefa, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda dividiu a rede autonómica na provincia en dous sectores. Na nona norte está previsto rozar 785 quilómetros de estrada, cun investimento de preto de 363.000 euros. Os traballos comezaron o pasado día 2 e está previsto que rematen o vindeiro 31 de xullo.

En canto a zona sur da provincia, as tarefas tamén comezaron o 2 de maio e neste caso prolongaranse ata o 21 de xullo. A planificación contempla a roza de 827,3 quilómetros de rede para o que se destinan 324.000 euros.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe unha destas zonas onde se están a levar a cabo as tarefas de roza e tivo oportunidade de comentar cons operarios algúns aspectos particulares do traballos. Rodeiro destacou “a importancia de estas tarefas de limpeza e mantemento da rede viaria autonómica, que son o espello da preocupación e o mimo con que a Xunta afronta o coidado da súa rede de estradas”. O delegado territorial destacou que a Consellería de Infraestruturas inviste preto de 700.000 euros nunha actuación global que redunda na seguridade viaria, na conservación do patrimonio forestal, “pero tamén na imaxe que dá a Comunidade a quen nos visita”. “A todos nos gusta ter a casa apañada para cando veñen as visitas, e as estradas falan moito da preocupación da Xunta por manter a punto as nosas estradas”, rematou Ovidio Rodeiro.